Ese oscuro objeto del deseo
Ese oscuro objeto del deseo | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ese oscuro objeto del deseo |
Director | Luis Buñuel |
Produtor | Serge Silberman |
Guión |
|
Baseado en | La Femme et le Pantin de Pierre Louÿs |
Intérpretes | |
Fotografía | Edmond Richard |
Montaxe | Hélène Plemiannikov |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 17 de agosto de 1977 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | España Francia |
Xénero | Comedia e drama |
Na rede | |
Ese oscuro objeto del deseo (en francés: Cet obscur objet du désir) é un filme franco-español de 1977 dirixido por Luis Buñuel. Foi o derradeiro filme dirixido por Buñuel antes da súa morte en xullo de 1983.[1][2] O filme foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme en lingua non-inglesa na 50ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante unha viaxe en tren, Mathieu Faber conta aos seus compañeiros de compartimento a súa historia sentimental con Conchita, unha sedutora muller á que tratará de conquistar. Non obstante, ela sempre consegue eludir os seus amoríos, a pesar de darlle esperanzas.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Fernando Rey como Mathieu Faber
- Carole Bouquet como Conchita I
- Ángela Molina como Conchita II
- Piéral como le nain
- Julien Bertheau como Édouard
- André Weber como Martin
- María Asquerino como Encarnación Pérez
Premios
[editar | editar a fonte]O filme non foi un éxito financeiro, mais si de crítica, recibindo candidaturas ao mellor filme estranxeiro tanto nos Globos de Ouro como nos Óscar, en que tamén recibiu unha candidatura ao mellor guión adaptado.[3] O National Board of Review[4] e a Los Angeles Film Critics Association concedéronlle o premio ao mellor filme en lingua estranxeira en 1977 e Luis Buñuel foi considerado o mellor director polo National Board of Review[4] e os premios da National Society of Film Critics. Foi tamén candidato aos premios César.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IMDb (ed.). "That Obscure Object of Desire (1977)". Consultado o 19 de xuño de 2011.
- ↑ AllMovie (ed.). "That Obscure Object of Desire (1977)". Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ "The 50th Academy Awards (1978) Nominees and Winners". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 1 de abril de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "1977 Award Winners". National Board of Review of Motion Pictures. 2019. Consultado o 18 de agosto 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Warren, Jeff (2007). The Head Trip: Adventures on the Wheel of Consciousness. Random House. p. 137. ISBN 978-1-4000-6484-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ese oscuro objeto del deseo na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)